Capítulo 11 : "LUME ETERNO"

O noso pasado está ahí moi presente en cada un de nós. Tarde ou cedo, voltarémonos a atopar con él.

Actor: Juan Diéguez

Voz: Jorge Ricoy

Texto: Gabriela Rodríguez (Poemario "Elemental")

Música: Juan Cartelle

Capítulo 10 : "ORIXE"

UNHA NOITE DE SAN XOÁN

A noite de San Xoán é para disfrutala, polo tanto, Farruquiña queda na casa.

Iso non quere dicir que non haxa algo AUDIOvisual no blog.

Aquí deixo unha canción que compuxen hai un tempo, ó día seguinte dunha noite de San Xoán na praia do Orzán.

Espero que vos guste, xa había tempo que non a escoitaba.

Esta versión a grabei nun concerto que din no teatro de Mera.

Saúdos e disfrutade da noite máis máxica do ano.

"UNHA NOITE DE SAN XOÁN"


DESCARGAR CANCIÓN

Capítulo 9: "A ÁFRICA + CANTÁBRICA"

Capítulo 8: "DAS NUBES Ó MAR"

Capítulo 7: "SONS DE COMPOSTELA"

Capítulo 6: "Apatrullando la ciudá"

Farruquiña, a miña compañeira de olladas

 



Aquí vos presento a "Farruquiña", a miña compañeira de "Olladas". Hoxe pasou por unha sesión de fotos que lle fixo Raquel Castro. Unha fenómena da fotografía!!!

Capítulo 5: "Caamaño Castro e a teoría da auga"

Capítulo 4: "Daquela somos auga"

Capítulo 3 : "Os amos do encoro"

Capítulo 2 : "Nordés"

Capítulo 1: "Unha ventá ó Atlántico"

Comeza o proxecto

"Olladas" pretende ser un pequeno proxecto audiovisual, encamiñado a internet como forma de distribución.

O proxecto, xurde por dous motivos:

A) A miña iniciación no mundo da dirección de fotografía.

B) A pasión pola producción audiovisual, como via de expresión.

Fai dous anos, en Outubro de 2007, tropecei con unha producción chamada "Baraka", do director Ron Fricke. Impresionante!!!!

Dende aquel momento sempre pensei: "Eu teño que facer algo así"

Evidentemente, non teño nin a formación, nin experiencia, nin medios, para facer algo que se achegue á millonésima parte do que é esta producción.

Pero por outra banda, pensei: "Por qué non intentalo a pequena escala?"

Así comenza "Olladas". Un proxecto que ten dúas partes:

A) Unha pequena serie por capítulos, nos que se reflexan imaxes de lugares que tiveron unha gran transcencencia durante a miña vida: por situacións que alí aconteceron, por seres lugares onde poder recurrir para evadirse, grandes emocións, ou simplemente porque me atopo nese intre nese lugar, cunha cámara e con batería!!! jajaja.

B) Unha longametraxe de videocreación inspirada en Baraka.

Espero que vos guste os capítulos que vou poñendo neste diario de abordo.

Saúdos.

TRAILER BARAKA