Comeza o proxecto

"Olladas" pretende ser un pequeno proxecto audiovisual, encamiñado a internet como forma de distribución.

O proxecto, xurde por dous motivos:

A) A miña iniciación no mundo da dirección de fotografía.

B) A pasión pola producción audiovisual, como via de expresión.

Fai dous anos, en Outubro de 2007, tropecei con unha producción chamada "Baraka", do director Ron Fricke. Impresionante!!!!

Dende aquel momento sempre pensei: "Eu teño que facer algo así"

Evidentemente, non teño nin a formación, nin experiencia, nin medios, para facer algo que se achegue á millonésima parte do que é esta producción.

Pero por outra banda, pensei: "Por qué non intentalo a pequena escala?"

Así comenza "Olladas". Un proxecto que ten dúas partes:

A) Unha pequena serie por capítulos, nos que se reflexan imaxes de lugares que tiveron unha gran transcencencia durante a miña vida: por situacións que alí aconteceron, por seres lugares onde poder recurrir para evadirse, grandes emocións, ou simplemente porque me atopo nese intre nese lugar, cunha cámara e con batería!!! jajaja.

B) Unha longametraxe de videocreación inspirada en Baraka.

Espero que vos guste os capítulos que vou poñendo neste diario de abordo.

Saúdos.

TRAILER BARAKA



1 comentarios:

Anónimo dijo...

Excelente proxecto, gracias por compartilo.

Saúdos

Publicar un comentario