Capítulo 2 : "Nordés"

5 comentarios:

Dani dijo...

"Nordés", un poema creado pola escritora betanceira Gabriela Rodríguez, para o seu primeiro poemario chamado "Elemental".

Este video pode chama-la atención por tratarse dunha sóa imaxe, pero o motivo deste plano fixo non é outro que o de contrasta-la velocidade, estrés da sociedade na que vivimos e o rápido que pasa a vida para aqueles que non se paran a ollar as pequenas cousas, frente o movemento tranquilo, suave e lento do sol; simbolizando como se ve dende fora, todo ese estrés, preocupacións por pequenas cousas que carecen de importancia (hipotecas, falta de traballo, non dou atopado en Zara os zapatos e pantalón que utiliza o meu veciño, o Deportivo non volveu a gañar outra liga...), que só poden darse conta duas clases de persoas (o meu entender, a lista pode medrar):

A) Alguén que por un golpe na vide (por exemplo: superar unha dura enfermidade) agora ve as cousas doutra forma , e sente que os motivos anteriormente mencionados son unha auténtica tontería e non merecen preocupación algunha.

B) Alguén cunha carga artística importante, que non necesite ese xiro na súa vida, xa que lle ven dado por natureza na súa forma de pensar.

Este é un video adicado a un gran amigo meu, que puxo voz a este poema.

Non sabedes canto me podo lamentar de que non chegase a escoitar o resultado final, porque co seu peculiar afán de protagonismo, decidiu que o seu sol se apagase un 19 de Decembro de 2008.

Adicado a Eugenio Sánchez "Geni", un gran artista incomprendido , nacido en Betanzos e que sempre seguirá formando parte dos nosos pensamentos.

De_Kai_Miento dijo...

Espléndida a proposta visual e o poema. Esa voz mancada e a ferida sonora que viaxa polos versos cara o solpor ou cara o abismo. Gracias. Saúde.

elemental dijo...

Eu non sei que podo dicir...

Aínda me sobrecolle escoitar as miñas palabras na súa voz e agora non sei se realmente o escribín para outro ou era para el e eu non o sabía.

Grazas por este video.

Dani dijo...

Sinceramente creo que o escribiches, inconscientemente, pensando na súa voz. Non sei o que él diría se vise este capítulo de Olladas, pero o que si que puiden comprobar, é que él tiña moi claro o poema que quería recitar en "Elemental". Era este.

Aínda me lembro o día que viu a grabalo ó estudio. Cando rematou dixo: "Nenitas, prepararos que aquí está Geni" jajaja Como non podía ser doutra maneira.

Noraboa por "Elemental", sin dúbida é unha obra de arte.

Madame Vaudeville dijo...

Como por arte de maxia, "elemental" ou Gabriela Rodríguez escribiu para Geni e a súa voz estes versos. Delicado fotomontaxe, homenaxe póstumo rebosante de agarimo.
Graciñas a ese fotógrafo que capta esencias capturando instantes, á autora literaria dos versos sentidos, a Dani(tamén por deixarme formar parte de este lindísimo cedé ;P) e, por suposto, a Geni, onde queira que se atope.
Bicos para os catro á luz do sol durminte.

Publicar un comentario